A Coca-Cola cumpre 125 anos

Hai 125 anos en Atlanta, o farmacéutico John H. Pemberton desenrolaba o que nos seus principios fora un tónico estomacal con beneficios tamén para a cabeza e os nervios. Frank Robinson, o seu contable, definiu a marca e deseñou o logo. No seu primeiro anuncio publicitario, no Atlanta Journal o 27 de Maio de 1886, definiase a bebida como «Deliciosa, Refrescante, Estimulante y Vigorizante».

    125 anos despois Coca-Cola vale 70.452 millóns de dólares, máis co PIB de Croacia, é a marca máis valorada do mundo, a segunda palabra máis universal do planeta despois de OK e vende 1.700 millóns de botellas cada día.

    Dende a súa formula secreta a un dos orgullos americanos, Coca-Cola está chea de controversias e curiosidades:

    • A fórmula exacta só a coñecen 2 persoas no mundo. Sábense todos os ingredientes e o proceso, pero a combinación exacta é a que lle da o seu característico sabor. Esta fórmula está gardada no SunTrust Bank Builiding de Atlanta. Este truco está a hora de combinar o Merchandise 7x.
    • Se se puxesen en fila todas as botellas de Coca-Cola fabricadas ata agora en liña recta acadarían a lonxitude equivalente a 1045 viaxes de ida e volta a luna.
    • Coca Cola comezou con 20 empregados e agora calculase que directa e indirectamente traballan uns 8.000.000 de persoas.
    • Chegou a Europa en 1921 e foi un auténtico fracaso debido as intoxicacións que provocaba cando as bacterias do  jarabe reaccionaban o contacto co corcho que non esta esterilizado.
    • Na 2ª Guerra Mundial, Coca Cola tiña unha autorización oficial para cruzar os campos de batalla, tal e como o tiña a Cruz Vermella.
    • O maior anuncio de Coca-Cola do mundo está en Arica (Chile), ten 122 metros de ancho e 40 de alto e está feito con 70.000 botellas.
    • En Centroamerica hai unha praia, un gran mercado e unha parada de autobús co nome da Coca-Cola.
    • Cada segundo consúmense preto de 8.000 refrescos.
    • A creación da famosa botella foi un erro. Coca-Cola encargoulle a empresa Root-Glass facer unha nova botella. A través do artesán Earl Denan búscanse ilustracións sobre os ingredientes da Coca-Cola. Earl rápidamente quedase coa folla do cacao, ingrediente que non está incluído na fórmula.
    • Se tivesemos unha acción de 100 dólares orixinal da compañía en 1892, hoxe teríamos 2.000 millóns de dólares.
    • O Papá Noel que coñecemos hoxe é o estilo de Santa Claus que Coca-Cola creou nos anos trinta. O seu creador é Haddom Sundblom, un sueco o que ademáis non lle gusta o sabor da Coca-Cola.

    Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *