Tren vs. AP9. Comparativa de tempos e prezos no Eixo Atlántico

Coa posta en servizo por parte de ADIF de novos tramos do Corredor Atlático de alta velocidade, os tempos e prezos entre as tres principais cidades galegas empezan a facer moito máis atractiva a posibilidade de deixar o coche a un lado para utilizar o tren.

¿Pero realmente compensa?

Agora mesmo están operativos o treito entre A Coruña e Santiago e algún entre Santiago e Pontevedra, cunha velocidade punta de 160 km en espera de electrificación para ter velocidades por riba dos 200 km/h.

No caso do tren os tempos e prezos son os seguintes:

A Coruña – Santiago : 5,75 € | 0:34
Santiago – Vigo: 8,70 € | 1:23
A Coruña Vigo: 14,15 € | 1:57

Pola autopista AP9 con peaxes:

A Coruña – Santiago: 5,30 € | 0:54
Santiago – Vigo: 7,60 € | 0:58
A Coruña – Vigo: 12,90 € | 1:34

Como podemos ver o tempo por liña de alta velocidade xa é máis rápido que pola autopista. Se a isto lle engadimos os custos de combustible, aparcamento e o tráfico intenso que rexistran os accesos as cidades varias veces ó día, imos a ver como o tren comezará a gañar enteiros como o medio de transporte rápido e barato no principal eixo de económico de Galicia.

Pero non todo son pros para decantarse dende xa polo transporte ferroviario. A escaseza de prazas, os horarios reducidos e o deficiente transporte, tanto urbano como metropolitano nas tres cidades, fan que en moitos casos a decisión de cambiar o transporte privado polo transporte público se convirta en tarefa imposible.

Por último, ¿acadará o tren a idea de cidade única onde sexa indistinto vivir e traballar nas diferentes cidades do Eixo Atlántico?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *