O impacto de internet na economía española

O informe de Boston Consulting Group encargado por Google sobre o poder online na economía española deixanos algúns datos interesantes.

  • Internet aporta 23.400 millóns de euros ó PIB español de xeito directo.
  • Máis de tres cuartas partes do PIB xéranse en sectores nos que internet está transformando os procesos clave de negocio.
  • O comercio electrónico B2B alcanzou os 157.000 millóns de euros.
  • A publicidade online acadou os 654 millóns de euros e xa supón o 11,6 da publicidade total.

O documento proporciona as bases onde se debe sustentar o aproveitamento  de internet:

  1. Acelerar o nivel de aproveitamento entre as PEMEs.
  2. Impulsar en cada sector unha transformación que aproveite as vantaxes de internet e reforce a competitividade das empresas españolas en sectores cada vez máis globalizados.
  3. Aumentar a extensión e utilización de internet.

O impulso da actividade económica pode apoiarse en internet a través das seguintes liñas:

  • Unha maior adopción do comercio electrónico por parte das PEMEs
  • Maior internacionalización do negocio online das empresas españolas
  • Aumento dos dispositivos avanzados de conexión a internet, a través da banda ancha básica ou a banda de moi alta velocidade.
  • Mellora da formación académica e empresarial para un aproveitamento máis eficaz de internet

PDF | España Conecta

Vía | España Conecta

  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *