As normas sísmicas en España

Onte houbo en Lorca (Murcia) unha cadea de tremores dos máis fortes vividos en España nos últimos anos deixando mortos, feridos e bastantes desperfectos en edificios e infraestructuras.

httpvh://www.youtube.com/watch?v=zvn148YDQmc

Lorca está situada nunha zona de sismicidade de intensidade media-alta, onde as construccións han de ser sismoresistentes. Algunhas normas que teñen que cumprir son:

  • Non modificar en exceso a topografía local (o relevo)
  • Evitar o hacinamento de edificios que impida o choque por vibración
  • Edificar preferentemente en zonas chás. Evitar edificacións preto de taludes.
  • Edificar sobre sustratos coherentes. Evitar chans areosos ou húmedos.
  • Edificios simétricos e equilibrados en canto a masa, altura e rixidez.
  • Rixidez que permita un comportamento independente do chan durante as vibracións.
  • Instalación de cementos illantes que absorban as vibracións do chan e permitan a oscilación do edificio.
  • Non son aconsellables balcóns nin cornisas. Deben ter marquesinas que recollan cristais caídos.
  • Instalacións de auga, gas, etc., flexibles e de peche automático.

As construccións divídense en 3 niveis (importancia moderada, importancia normal e importancia especial) que van dende os que teñen un risco despreciable de causar danos a lugares de interese prioritario como poden ser hospitais, edificios públicos oou comisarías e parques de bombeiros.

A norma sísmica española inclúe un listado de todos os municipios españois coa cadansúa «Aceleración Sísmica Básica» que determinará o nivel de aplicación da norma en conxunto con outras variables como son o risco e o terreo.

Se queredes ver a norma completa, os cálculos, as formula ou os coeficientes asignados a cada municipio os tedes aquí

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *