As tarxetas cumpren 40 anos en España

Hoxe non imaxinaredes calquera compra tanto online coma offline sen a tarxeta de crédito. Un xesto que non hai moitos anos era un completo louxo ou simplemente unha rareza como o foi hai 40 anos cando o Banco de Bilbao trouxo a primeira VISA a España.

Se viaxasemos na máquina do tempo e lle preguntasemos a un español dos 60 ou 70 se estaría disposto a facer un pago ou un cobro cun cacho de plástico, miraríanos con cara rara e nos diría que prefire ver o diñeiro que fiarse deste tipo de pagamento. A día de hoxe, ninguén imaxina facer determinadas compras sen algunha das múltiples tarxetas que habitan no noso peto ¿Ou alguén imaxina pagar un billete de avión en efectivo?

Pero as primeiras tarxetas non foron, como soe pasar, para todo o mundo. O perfil de usuario era un home (as mulleres daquela necesitaban permiso do marido incluso para abrir unha conta), de 40 anos e de alto poder adquisitivo. O límite de fondos era de 25.000 pesetas e había que facer unha chamada telefónica dende o establecemento ó banco xa que non había medios telemáticos coma hoxe en día e logo das «bacaladeiras», aqueles aparatos onde se colocaba a tarxeta con papel de calco para facturalo despois ó banco. Pero as previsións do Banco Bilbao sobrepasaron a expectación: dos cálculos de 215.000 tarxetas, acadaron solicitudes de ata 742.000 unidades. O banco tivo que facer unha extensa labor comercial e de formación a que primeiramente sumáronse tendas de louxo e grandes almacéns.

Logo viría a Visa Ouro, as tarxetas de débito, o prepago, internet… e xa temos nos nosos petos o seu sucesor: o teléfono móbil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *