As normas ISO 9000

É unha norma que especifica os requisitos para un sistema de xestión da calidade cando é necesario demostrar a súa capacidade para proporcionar, de forma coherente, produtos que satisfacen os requisitos que pide o cliente e aspira a aumentar a satisfacción do cliente por medio da aplicación eficaz do sistema.

A norma permite a unha empresa externa auditar o sistema e, unha vez auditado expida un certificado do seu cumplimento.

A ISO 9000 componse de:

ISO 9000 – Fundamentos e vocabulario
ISO 9001– Requisitos
ISO 9004 – Directrices para a mellora de rendemento

A 9001 e a 9004 relacionan a xestión de calidade cos procesos, a satisfacción do cliente e a mellora continua.

Principios básicos

  • Enfoque ó cliente
  • Liderazgo
  • Participación do persoal
  • Enfoque a procesos
  • Xestión enfocada dos sistemas
  • Mellora continua
  • Toma de decisións fundamentada en feitos
  • Relación mutuamente beneficiosa co suministrador

Etapas

  1. Definir o ámbito do sistema
  2. Identificar e representar os procesos do sistema e as súas interaccións, definición dun responsable e os indicadores de eficiencia e eficacia mediante un mapa.
  3. Estructurar e documentar o sistema: MQ (Manual de Calidade) e Procedementos e outros documentos como fichas de procesos nos que se recolle o proceso, o responsable do proceso, etc.
  4. Implantar o sistema
  5. Auditoría do sistema e resolución de desviacións

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *