Nalgunha ocasión nos podemos atopar revisando algunha contabilidade que o fondo de maniobra dunha empresa é negativo. Esta problemática é habitual nas empresas de distribución como poden ser os grandes hipermercados.
¿Qué é o fondo de maniobra?
En primeiro lugar imos a ver que é un fondo de maniobra, ou fondo de rotación ou capital circulante.
O fondo de maniobra é aquela parte do Activo Corrente (Dispoñible + Realizable + Existencias) financiado polo Pasivo Non Corrente (recursos a longo prazo). De xeito sinxelo, é a parte de Activo Corrente que queda despóis de facer fronte os compromisos de curto prazo.
Nunha estrutura de balance cun fondo de maniobra positivo a estrutura sería a seguinte:
No caso do fondo de maniobra negativo o Pasivo Corrente sería maior ó Activo Corrente.
¿É malo un Fondo de Maniobra negativo?
A resposta é que depende. Os datos contables os temos que tomar segundo o sector e os periodos medios que cos que traballe a empresa. Como mencionamos ó principio existen algúns sectores onde o Fondo de Maniobra negativo é habitual.
Nunha interpretación normal e intersectorial pódese interpretar coma que a empresa non pode facer fronte as obligacións de curto prazo e ten que botar man dos recursos alleos.
En sectores coma o da distribución alimentaria é habitual. Os prazos de pago a proveedores son a cotío moi altos: estas empresas teñen unha gran forza como clientes debido os grandes pedidos que fan, e presionan os proveedores para obter períodos de pagamento que poden pasar dos 6 meses en moitos casos. Pola outra banda, moitos dos cobros que fan son ó contado ou con plazos de cobro de 30 días. Isto da un diferencial alto que permite financiar incluse parte do Activo Non Corrente de xeito permanente.
Outros sectores nos que é habitual o Fondo de Maniobra negativo son as empresas de transporte, xa que consideran a súa flota coma un Activo Corrente ou as empresas de sectores cunha alta estacionalidade.