Gasto e ingreso vs cobro e pago

Moitas veces nas conversas informais e non tan informais cométese o erro de confundir gasto con pago e ingreso con cobro. Aínda que parezan termos similares non o son.

Cobro e pago representan un movemento de tesourería, o que ven a ser unha entrada ou saída de diñeiro, pero nada teñen que ver co resultado da empresa. Polo outro lado os conceptos de ingreso e gasto non se relacionan con entradas ou saídas de diñeiro en tesourería, senón que son utilizados para determinar o resultado da empresa.

Un dos exemplos máis habituais é cando a empresa recibe a devolución dun crédito concedido. Na empresa existe un cobro, pero non existe ingreso.

O exemplo contraposto sería o da venda dalgún dos nosos produtos a crédito. Existe un ingreso pola venda de mercaderías pero non exite cobro algún pola operación ata que o cliente pague no prazo pactado.

  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *