Estandarizando procesos, ¿ferramenta de marketing ou ferramenta operativa?

Moitas veces as empresas pensan na estandarización de procesos como un método de venda para acadar certa tipoloxía de clientes que buscan a excelencia non so no produto ou servizo senon tamén nos procesos que a empresa leva a cabo.

Pero moitas veces é unha pena que o esforzo, tanto de cambio de filosofía como de adaptación os estándares de calidade así como económico, quede só nunha ferramenta de marketing. Este tipo de cambios na organización pódense aproveitar para acadar unha mellora en outros moitos ámbitos como son a operativa, a loxística e incluso procedementos administrativos e financeiros. É dicir, non so podemos fixar uns estándares de procedemento e calidade a nivel fabril senón que o podemos levar a calquera eido da empresa. Realmente o esforzo paga a pena a medio/longo prazo, aínda que se vexa como un atranco á hora de cambiar o xeito diario de traballar.

Esta estandariación ten que ir ligada a uns obxectivos que han de estar redactados nun Plan Estratéxico, Director ou de Acción onde estes estean traducido a rutas a seguir para acadalos.

Polo tanto a vantaxe de ver a estandarización como unha oportunidade de marketing a podemos ver como unha oportunidade para un cambio estructural na empresa que axudará a acadar os obxectivos desexados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *