¿Qué é a prima de risco?

Últimamente estase a falar moito da prima de risco española como un indicador da (in)estabilidade da economía española e outros países da zona euro coma Grecia, Irlanda, Portugal ou Italia ¿Pero qué é e en que consiste este indicador?

A prima de risco é un termo económico que amosa o exceso de rendemento que require un inversor a medida que o risco crece.

¿Cómo se calcula?

A prima calcúlase restando a taxa de rendemento dunha inversión sen risco a unha con risco, co mesmo vencemento. Esta taxa é aplicable a calquera tipo de activos.

No caso da débeda dos países tómase o bono a 10 anos e no caso europeo tómase como referencia o bono alemán como activo base ou inversión sen risco. Tómase o bono a 10 anos porque ten máis en conta as circunstancias concretas dos países e reflexa mellor a percepción de risco dos inversores.

¿Cómo funciona?

Neste momento os bonos alemanes consideranse refuxio de inversións, xa que se pensa que Alemaña pagará pase o que pase. Polo tanto, debido a gran demanda o interese dos bonos alemáns baixa (o inversor pensa: Alemaña pagará menos polos bonos, pero pagará).

Por outra banda, os outros países para poder colocar a débeda deberán ofrecer altos intereses para poder competir cos bonos alemáns, e a súa vez intentando ofrecer un producto atractivo, e loitar contra as dúbidas sobre o risco de impago.

O funcionamento dos bonos é o seguinte: un país emite débeda a través de subastas no mercado primario de débeda soberana a un precio variable (interese), segundo a demanda e o vencemento. A máis demanda menor prezo e a maior vencemento maior prezo. A estas subastas van os inversores institucionais: os bancos e os grandes fondos.

Se o vemos en números, un bono alemán a 10 anos ten un interese do 2% e o bono español a 10 anos o ten do 5,5% a diferencia é de 3,5 puntos porcentuais ou de 350 puntos básicos. Se Alemaña paga 2 euros anuais por cada 100 euros, españa pagará 5,5 euros por cada 100. Ese diferencial entre o bono alemán e español é a prima de risco.

¿Cómo afecta na economía?

O interese para os bonos tradúcese nunha obigación do Estado: canto máis alto sexa este, máis grande será a débeda. No exemplo anterior, se España ten que pagar 5,5 euros por cada 100, multiplicado polas cifras macro utilizadas nas emisións, da cifras bastante significativas.

Outro actor importante é o sistema bancario. Os bancos utilizan o mercado interbancario (uns préstanse diñeiro os outros) para financiarse. O tipo utilizado neste mercado está estreitamente ligado cos intereses dos bonos. Polo tanto, se a prima dos bonos é alta, os tipos no mercado interbancario tamén o serán. Polo tanto, se o prezo que pagan os bancos por obter diñeiro é alto, os préstamos que estes ofrezan será tamén alto, o que se traduce nun maior custo de financiación para as familias e as empresas.

Se as empresas e as familias gastan menos, a recuperación económica será máis longa e custosa. Polo tanto o emprego tardará máis en se recuperar e o Estado ingresará menos impostos e gastará máis en prestacións sociais, polo que terá máis déficit e será máis compricado pagar ós acreedores. Esto tradúcese nunha maior desconfianza do país, que se traduce nun aumento da prima de risco. Como vedes volvemos o inicio do ciclo (agora con máis intereses a pagar).

En resumo, unha prima de risco alta ten un grave risco en tódolos ámbitos económicos: dende o Estado ata as familias, sendo un dos grandes perigos para o crecemento económico.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *