O Benchmarking

O Benchmarketing é unha técnica de análise interno que serve para evaluar a forma en que desenrolamos as actividades habituais na nosa empresa en relación co que resulte un referente no noso sector, tendo en conta tanto custos coma resultados.

As áreas máis usuais na comparación son:

  • Formación de persoal
  • Control de calidade
  • Control de custos
  • Sistemas de pedidos e entregas
  • Sistemas de pago e cobro
  • Aplicación de novas tecnoloxías

O primeiro Benchmarking como tal o realizou a compañía Xerox no 1979. Esta ferramenta é unha alternativa os sistemas tradicionais de imitación, como por exemplo a enxeñería invertida ou a espionaxe industrial.

Os obxectivos principais son identificar as empresas que realizan as mellores prácticas, aprender delas como levan a cabo as actividades analizadas e emprender accións internas para a imitación ou incluso mellora das mesmas. É indispensable o consentemento e colaboración das empresas referente, así coma un equipo de analistas que identifiquen as pautas externas e as apliquen internamente.

O punto débil desta técnica radica na dificultade de atopar empresas que estean dispostas a amosarnos os seus segredos. Polo tanto haberá que buscar contrapartidas para que o intercambio de información sexa de valor para elas (contratos, alianzas…) ou buscar empresas de asesoría especializadas que xa dispoñan dos datos que necesitamos.

O proceso de Benchmarking é o seguinte:

Determinar as áreas para o Benchmarking
Determinar os factores a medir
Identificar os referentes
Medir os referentes e a nos mesmos
Desenrolo do plan para igualar ou superar o referente
Obter o compromiso do persoal da empresa
Posta en práctica e revisión de resultados


  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *