O ciclo do Hype de Gartner

Co gallo do novidoso Google +, a todos nos veñen á mente outras novidosas tecnoloxías que ó finar quedaron nun uso residual ou que non chegaron a popularidade que nun principio se esperaba delas. Sen saír do propio Google, a todos nos veñen á mente o Google Wave ou o Google Buzz.

En 1995, Gartner utilizou os ciclos “hype” para amosar o hiperentusiasmo, baixada e posterior madurez dun produto ou servizo, a cotío tecnolóxico, e a relación da súa visibilidade ó longo do tempo.

Para poñernos en situación, un “hype” pode ser similar á expresión “a bombo e platillo” e relacionase con esos momentos onde a empresas sacan un produto ou servizo novidoso ó mercado e este xera unhas expectativas, atención e comentarios propios dunha nova mainstream. Para que nos quede claro podemos relacionalo coa frase: “Todo o mundo fala del”

O ciclo do hype que podemos ver na gráfica refírese á visibilidade dun produto dende o lanzamento, ó longo do tempo. Todo comeza co lanzamento tecnolóxico e nun curto período xérase moita información en torno a el que fai que se xeren expectativas infladas. Tras un primeiro contacto estas expectativas tornanse en moitos casos en desilusións para acabar subindo lentamente (nos casos exitosos) ata se converter nun produto ou servizo masivo.

O ciclo do hype non ten por qué ser entendido como algo malo ou a evitar, pois gracias a el, moitas pequenas empresas poden acadar unha visibilidade do seu produto ou servizo que se non o tivesen sería moito máis custoso posicionalo.

  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *