A matriz crecemento-cuota de mercado

Esta matriz, creada polo Boston Consulting Group (BCG), serve para determinar a madurez dun sector ou producto e unha vez definido, tomar decisións financeiras, estratéxicas ou de marketing segundo o punto onde se atope.

Durante a vida do produto/sector o normal e que pase polos catro cadrantes do seguinte xeito:

Interrogación – Estrela – Vaca – Can

Unha vez situado o produto/mercado poderase plantexar diferentes decisións como:

  • A entrada no mercado se somos un novo competidor, tendo en conta as barreiras creadas polo resto de competidores.
  • As decisións de financiación segundo o punto no que se atope: un produto can pódese converter de novo en produto estrela mediante un cambio tecnolóxico ou pódese intentar alongar o período vaca mediante promocións ou descontos.
  • Plantexar accións de marketing para tentar pasar dunha fase a outra ou manterse na mesma.
  • Abandoar o sector se todos os nosos productos son cans e o éxito da reconversión e incerto ou os custos van superar os beneficios.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *