¿Qué é o EBITDA?

Seguramente vos sonará de escoitalo moitas veces cando vedes información financieira ou falar sobre os resultados dunha empresa. Este termo refírese ó indicador financieiro chamado en inglés “Earnings Before Interests, Taxes, Depreciation and Amortization“, o que ven ser en galego “Gañancias Antes de Intereses, Impostos, Depreciación e Amortización”.

Polo tanto, o que fai esta indicador e proporcionar un estado puro da empresa deixando de lado elementos financieiros, tributarios, externos e de retorno.

Este indicador púxose de moda a principios de século, co gallo das empresas .com, onde se intentaba dar unha imaxe de forte crecemento e liderazgo.

O que amosa o EBITDA pode ser controvertido segundo polo lado que se mire: por un deles ensina o resultado real da empresa, é dicir, danos un resultado da súa propia actividade, pero polo outro pode dar unha falsa sensación de boa marcha da mesma xa que non se teñen en conta elementos coma os gastos financieiros ou o valor das amortizacións, que poden desvirtuar a boa marcha do negocio. Dende unha visión global empresarial, o EBITDA quédase como un indicador a valorar xunto con outros que teñan en conta os factores que o EBITDA elimina.

Así que ollo con valorar soamente o resultado empresarial co EBITDA xa que non é dificil ter un resultado positivo pero que engadíndolle factores externos (intereses, impostos, amortizacións) correspondan cos dunha compañía con pérdidas (excesivamente endeudada ou cunhas cargas moi altas de amortización, por exemplo).

 

  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *