¿Qué son o leasing, o factoring, o renting, o confirming e o forfaiting?

Seguro que che sona de escoitalo algunha que outra vez algún destes termos rematados en -ing que parece que detrás recollen difíciles produtos financeiros ou sofisticada arquitectura bancaria. Imos ver cada un deles para intentar comprendelos un pouco mellor.

Leasing

É probablemente o máis coñecido de todos.

É un contrato de arrendamento a longo prazo dun ben, moble ou inmoble, cunha opción de compra ó finalizar o mesmo. No caso de non existir opción de compra estaríamos a falar dun arrendamento puro.

Existen 3 tipos de leasing:

  • Financeiro: Págase durante a vida do contrato e non se pode rescindir unilateralmente.
  • Operativo: O contrato pódese revocar previo aviso en calquera momento. Soe darse entre fabricante e cliente e inclúe mantemento e seguro. Normalmente non se exerce a opción de compra xa que o artículo queda obsoleto e se soe cambiar por outro.
  • Lease-back: O artigo é propiedade da empresa que llo vende ó intermediario financeiro para que lle formalice un contrato de arrendamento sobre o mesmo. Faise para obter liquidez e non ten por qué desprenderse del.

Factoring

Trátase de ceder os dereitos de cobro sobre os nosos clientes a unha sociedade ou intermediario financeiro de xeito que se nos anticipa o diñeiro ó contado e o intermediario espera ó vencemento do mesmo a cambio dun prezo pactado.

Renting

É un alquiler de bens e servizos sen opción de compra. Págase unha cuota mensual fixa que inclúe todos os servizos necesarios para o adecuado funcionamento do ben. Inclúense servizos accesorios como poden ser repostos, impostos, etc.

Ó finalizar o contrado pódese optar por estas posibilidades:

  • Renovar o contrato
  • Devolver o ben
  • Sustituilo por un novo
  • Adquirilo por un prezo pactado

Confirming

Consiste en que unha empresa deixa a unha entidade financeira a xestión dos pagos os seus provedores, ofrecéndolles a estes a posibilidade de cobrar as facturas con anterioridade ó vencemento. Soen usalo empresa que teñen un grupo de provedores heteroxéneo (é un aforro de custos e simplifica o sistema de pagos) ou para dispoñer de mellores condicións de pago (unificación de débedas para unha posición mellor de negociación).

Forfaiting

É unha modalidade de financiación de exportacións que consiste no desconto sen recurso, por parte dunha entidade financeira, de dereitos de cobro dunha serie de efectos mercantís que o exportador recibe para instrumentar o pago diferido de operacións comerciais de compraventa.

Deste xeito obtense liquidez inmediata sen que repercuta na capacidade crediticia do exportador, elimínanse riscos de impago e de cambio. Tamén se obtén un tipo de interese fixo durante todo o período. Polo tanto tamén se verán beneficiados todos os traballos de control e administración derivados da tarefa exportadora.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *