Tipos de orzamento

O día a día en calquera empresa conleva a redacción, revisión e control de diferentes tipos de orzamentos para acadar os obxectivos da mesma.

Existen dous tipos principais de orzamento:

Incremental

Baseado nas seguintes hipóteses

  • Todas as actividades actuais da empresa son esenciais para a marcha da mesma
  • Todas elas estanse a levar a cabo de xeito óptimo
  • Estas actividades seguirán sendo eficaces o ano do orzamento

O incremental é o máis utilizado, rápido e sinxelo de usar.

Completo

Esixe a análise de todos os conceptos de gasto e ingreso, tanto dos anteriores como dos novos. Polo tanto o planteamento (as hipóteses) é contrario ó incremental.

Dentro dos completos existen algúns tipos:

  1. O PPBS (Planning Programming Budgeting System), que tenta axudar á asignación de recursos limitados, reducir a parte incontable do orzamento, coñercer o impacto positivo dos orzamentos, ordear a toma de decisións, identificar os programas que perderon relevancia e integrar os orzamentos coa planificación a longo prazo.

    Para elaboralo, debe facerse cada ano e por departamento dous documentos, un memorandum de programas e un plan financieiro.

    Non ten moita popularidade debido á súa complexidade.

  2. O OBC (Orzamento Base Cero) tenta asignar mellor os recursos, mellorar a toma de decisións, facilitar a planificación e reducir os gastos. Cómpre facer dúas fases:

    a) preparar propostas unitarias de decisión (PUD), o que implica a análise de cada actividade da organización, preparar unha proposta de gasto e ingreso para cada unha.
    b) xerarquizaras PUD, fixar unha orde de prioridades entre as diversas propostas por algún tipo de sistema (por exemplo análise custo-beneficio).

    Comézase por un departamento e vaise estendendo a toda a organización se ten éxito nesa unidade.

    Vantaxes: mellora a distribución de recursos, xera moita información e eleva o nivel de motivación e comunicación na empresa.
    Inconvintes: largo período de posta en funcionamento, preparación do persoal e a revisión de organigrama.


  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *