As novedades fiscais que tes que ter en conta para declarar o IRPF do 2010

Hai uns días comezou a Campaña de Renda de 2010, e hai algunhas novidades que compre ter en conta:

  1. RENO: Novo servizo para obter o número de referencia do borrador ou dos datos fiscais. A petición a podes facer no teléfono 901 12 12 24 ou dende a mesma web de Facenda.
  2. Presentación telemática da declaración sen necesidade de certificado electrónico: mediante o NIF e o número de referencia do borrador ou dos datos fiscais suministrados previamente por Facenda.
  3. Deducción dos 400 euros: Dende o 1 de Xaneiro de 2010 a deducción por rendementos de traballo ou actividades económicas é so aplicable a bases impoñibles inferiores a 12.000 euros e obteñan rendementos de traballo ou actividades económicas.
  4. Nova deducción por mellora na vivenda habitual ou no edificio no que se atopa: Para cantidades satisfeitas entre o 14 de Abril do 2010 e ata 31 de Decembro do 2012. A deducción non é aplicable se o pago faise en metálico.
  5. Tratamento das rendas do aforro: A base liquidable do aforro pasa a ser grabada ó 19% (9,5% estatal e 9,5% autonómico) ata 6000 euros e ó 21% a partir dos 6.000 € (10,5% estatal e 10,5% autonómico).
  6. Reducción por mantemento ou creación de emprego: Para 2009, 2010 e 2011 será aplicable unha reducción do 20% sobre o rendemento neto positivo minorado se se dese o caso, pola reducción de rendementos xerados en máis de 2 anos ou obtidos de forma irregular no tempo e pola reducción polo exercicio dalgunhas actividades económicas. Os requisitos son: cifra de negocio para o conxunto de actividades por debaixo de 5 millóns de euros e unha plantilla media inferior a 25 empleados e que se manteña ou cree emprego en dito exercicio.
  7. Prestación por desemprego en modalidade de pago único: elévase o importe exento ata os 15.500 euros (antes era de 12.020 €).

 

  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *