Cross Selling, aproveita as oportunidades para incrementar as túas vendas

O cross selling é unha técnica de marketing que consiste en facer vendas cruzadas a un cliente que xa teña ou vaia ter un producto noso outro que o complemente ou o amplíe. É dicir, non se trata de canibalizar a venda do producto orixinal, senón de ofrecer outros productos relacionados ó orixinal maximizando así as posibilidades de venda cun cliente determinado.

Por exemplo, imaxinemos a compra dun ordenador, a empresa pode ofrecerlle unha impresora, unha cámara dixital ou un teléfono móvil e incluso servizos como por exemplo o mantemento do ordenador ou unha revisión periódica. Como gancho pódese ofrecer un sistema progresivo de descontos para atraer o cliente á compra de produtos complementarios.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *