Técnicas de administración de proxecto: PERT e CPM

Tanto a técnica de evaluación e revisión de programas (PERT) como o método de ruta crítica (CPM), foron desenrolados na década dos 50 para axudar a administradores na supervisión e control de grandes proxectos complexos. O primeiro foi CPM en 1957 desenrolado por J. E. Kelly de Remington Rand e M.R. Walker de duPont para axudar na construcción e mantemento das plantas químicas de duPont. PERT foi desenrolada de xeito independente en 1958 por Booz, Allen e Hamilton para a Mariña de EEUU.

PERT e CPM seguen 6 pasos básicos:

  1. Definir o proxecto e preparar a estructura desglosada do traballo.
  2. Desenrolar as relacións entre as actividades. Decidir que actividad debe proceder e cal debe seguir a outras.
  3. Debuxar a rede que conecta todas as actividades.
  4. Asignar estimacións de costos e/ou tempos a cada actividade.
  5. Calcular o tempo da ruta máis longa pola rede. Ésta denominarase ruta critica.
  6. Usar a rede como axuda para planear, programar, supervisar e controlar o proxecto.

A ruta crítica (paso 5) é un dos puntos a ter en conta no control do proxecto. As actividades en ruta crítica representan as tarefas que retrasarán todo o proxecto a menos que se terminen a tempo. Os administradores poden obter a flexibilidade necesaria para completar as tarefas críticas identificando as actividades non críticas para volver a planear, programar e reasignar a man de obra e os recursos financieiros.

Aínda diferindo entre denominancións e construcción da rede, tanto PERT coma CPM perseguen os mesmos obxectivos. A principal diferencia entre os dous é que PERT usa tres estimacións de tempo para cada actividade. Estas utilizanse para calcular os valores esperados e as variacións de cada actividade. Pola súa parte, CPM supón que os tempos das actividades se coñecen con certeza polo que require so un factor de tempo para cada actividade.

PERT e CPM respostan a preguntas coma:

  1. ¿Cando concluirá o proxecto concreto?
  2. ¿Cales son as actividades ou tarefas críticas, é dicir, cales retrasarán todo o proxecto se se demoran?
  3. ¿Cales son as actividades non críticas, ou as que poden retrasarse sen deter a conclusión do proxecto total?
  4. ¿Cal é a probabilidade de terminar un proxecto nunha data determinada?
  5. Para unha data dada, ¿o proxecto vai a tempo, adiantado ou atrasado?
  6. Para certa data, ¿ o diñeiro gastado é igual, maior ou menor que a cantidade presupostada?
  7. ¿Disponse de suficientes recursos para terminar o proxecto a tempo?
  8. Se o proxecto debe terminar en menos tempo, ¿cal é o mellor xeito de acadar a meta co menor custo?

 

  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *