Plan Avanza 2

Xa está dispoñible o Plan Avanza 2, o Plan do Ministerio de Economía e o ICO para a incorporación dos cidadáns e as empresas á sociedade da información. O Ministerio dotou 200 millóns de euros que estarán dispoñibles ata decembro de 2015 ou ata que se esgoten os fondos.

O plan ten tres liñas de financiación:

  • Préstamos TIC: Para PEMES, Autónomos e Asociacións de Empresas. Financiase ata o 100% da inversión para a incorporación das TIC o negocio e ten un máximo de 200.000 euros por cliente e ano natural. O plazo de devolución de préstamos e de 36 meses coa posibilidade de solicitar 3 de carencia.
  • Xoves (de 18 a 35 anos) e Universitarios: ata 3000 euros por cliente e ano natural. Financiase o 100% da inversión e o plazo de devolución é de ata 60 meses.
  • Préstamo cidadanía dixital: Igual que xoves e universitarios pero con 36 meses e con ata 3 anos de carencia.

Se queres solicitar as axudas tes que ir a unha das entidades de crédito adscritas e presentar a Folla de Solicitude e a Declaración Anual de Axudas Públicas. A factura proforma ou a definitiva se xa mercaches (só valido para os 4 meses anteriores).

PDF | Plan Avanza
Web | Plan Avanza
Vía | SAGE

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *