6 aplicacións gratuitas de Android para a túa empresa

Moitas veces dubidas entre coller un dos novos Smartphones polas dificultades de uso sen pensar nas vantaxes que podes acadar grazas a algunha das miles de aplicacións que podemos atopar (gratuitas e de pago) tanto no Android Market coma na App Store de iPhone.

Estas aplicacions serven dende para mellorar a túa productividade ata para ter todo accesible nun momento determinado onde a túa única opción de acceder á información é a través de internet.

Eiquí 6 aplicacións gratuitas que non debe faltar no teu Android:

Taskos

Esta ferramenta sincroniza con Tarefas de Google e permiteche anotar eventos dunha forma sinxela. Ten recoñecemento de voz, así que non necesitas nin escribir. Para borralas so tes que pasarlles o dedo como se as tachases.

Evernote

A poderosa aplicación multiplataforma para a toma de notas e apuntes. Organizao en libretas, envia emails, comparteo por redes sociais, programa, separa por tematicas. Recoñecemento de voz, grabación de voz, fotos, texto, plantillas. Unha das aplicacións que non pode faltar nin no teu mobil, nin ordenador.

Dropbox

Documentos, fotos, videos. Espacio na nube para que subas todo o que poidas necesitar dende calquera sitio. Acceso por mobil, por ordenador, por web. 2Gb de espazo gratuíto.

Google Docs

A app perfecta para modificar os teus documentos: textos, follas de cálculo… Ten tamén un OCR, co que podes sacar unha foto a un escrito, recoñeceo e o garda como texto

Bump

Esta aplicación parece maxia, pero en verdade resulta bastante util. Se tanto ti coma outra persoa tedes instalado o Bump, podedes intercambiar case calquera tipo de informacion simplemente movendo os mobiles o un cara o outro. Intercambia contactos, documentos, fotos… Xenial para intercambiar tarxetas de visita virtuais ou documentos comerciais.

Google Navigation

Os mapas de Google, máis a sua extensa base de datos sobre empresas, lugares, direccións… todo nun navegador. O Navigation será o punto de inflexión para non perderse nunca máis.

 

  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *