Control sinxelo con RFID

Á hora de levar un control óptimo na nosa empresa unha das opcións máis válidas é o RFID. O RFID (Radio Frequency IDentification) é un sistema de transmisión de datos mediante ondas de radio.

Dun xeito moi sinxelo mediante tags ou etiquetas que se poden poñer en todo tipo de obxectos ou persoas co fin de controlar os movementos en perímetro determinados. Ademáis, coa posibilidade de integrarlle alarmas visuais ou auditivas poderemos identificar un obxecto entre miles sen case esforzo e de xeito instantáneo.

Cada etiqueta é única en todo o mundo e o seu deseño permite que estea en todo tipo de ambientes. Algúns dos usos que se lle poden dar o RFID son:

  • Control de calidade
  • Localización e seguemento de obxectos
  • Control de accesos
  • Identificación de materiais
  • Control de caducidades
  • Detección de falsificacións
  • Almacenaxe de datos
  • Control de stocks
  • Automatización dos procesos de investigación
  • Redución de tempo e custo de fabricación
  • Inventario automático
  • Defensa antirrobo

Ademáis a tecnoloxía RFID é totalmente compatible con solucións de control empresarial integrais como Exact Synergy, que permite por exemplo unir o control físico de almacén (mediante o RFID), a súa trazabilidade (mediante Synergy) e o seu tratamento administrativo e contable (ERP coma Exact Dimoni).

Un caso de éxito de implantación de RFID é o do inmenso almacén  central de El Corte Inglés en Valdemoro:

httpvh://www.youtube.com/watch?v=RWtDvk4USU4

 

  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *