IPv6, o novo protocolo que revolucionará a tecnoloxía

Os nomes que usamos para conectarnos a internet tradúcense nuns números, por exemplo www.google.com é 216.239.55.100 É parecido o DNI, cada un se chama polo seu nome pero identifíciase por un número único. Este é o IPv4.

Este protocolo, que é o que usabamos ata agora, está preto de agotarse, é dicir, quedámonos sen eses númeriños de identificación: 4.294.967.296 de direccións IP.

Para solucionalo pásase do estándar IPv4 (o que usabamos ata agora) a IPv6 (340.282.366.920.938.463.463.374.607.431.768.211.456 de direccións, ou o que é o mesmo 2128 ou 340 sextillóns de direccións), que ademáis de solucionar os problemas de insuficiencia de IPs (con este protocolo haberá 670 mil billóns de dirección por cada milimetro cadrado de superficie terrestre) toca outros como a seguridade, a autoconfiguración ou a mobilidade.

Na seguridade, IPv6 ven a solucionar un problema que tiña o protocolo anterior, que non tiña seguridade no deseño base. Por iso desenrolaronse SSH ou SSL (protocolos a nivel aplicación), que non serán necesarios en IPv6 xa que trae de base IPsec.

No caso da autoconfiguración, o novo protocolo permite a autoconfiguración e o camiño de conexión a internet (router discovery). Esto esténdese a todo tipo de dispositivos móviles.

A nivel usuario, a principal desvantaxe é que os que accedan a través de direccións antigas non poderán desfrutar de novos servizos creados exclusivamente para este protocolo.

Este cambio non depende tanto dos usuarios, senon dos proveedores e a administración, que son os que teñen que dar o paso para a transición. Nos como moito o que teremos que facer é un cambio de router, aínda que os expertos aseguran que o cambio será unha “transición limpa”.

Máis sobre o IPv6 na Wikipedia.

  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *