Microsoft ensina por primeira vez Windows 8


Por primeira vez podemos ver cómo será Windows 8: un sistema renovado orientado a diferentes equipos: de escritorio, portátiles, netbooks ou tablets.

Windows 8 ven preparado para dispositivos táctiles, cunha imaxe renovada e acorde co que podemos desfrutar con Windows 7 Mobile: o seu sistema de tiles ou bloques imponse na nova versión. Windows 8 diferencia 2 tipos diferentes de aplicacións: as existentes ata o momento, é dicir, os programas de toda a vida e un novo soporte para aplicacións en HTML5 e Javascript a pantalla completa.

Se arrastramos co dedo dende a dereita cara o interior sairanos a nova barra de ferramentas e se o facemos dende a esquerda cara o interior cambiaremos de aplicación. Esta nova versión tamén permitirá dividir a pantalla en bloques para poder traballar con dúas aplicacións o mesmo tempo.

httpvh://www.youtube.com/watch?v=p92QfWOw88I

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *