A Reforma Laboral que chega.

Neste enlace podedes baixar o Real Decreto-Lei 3/2012, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral.

É evidente que o mercado laboral en España ten defectos, ter unha taxa de paro do 22% fronte a unha media europea de arredor do 10%, significa que algo non vai ben. Logo temos problemas estructurais non coxunturais. Esperemos que esta reforma sirva para rebaixar este diferencial.

Nota para empresarios: repartan os beneficios entre os empregados marcando índices de productividade sinxelos e alcanzables (vg número de proxectos entregados a tempo, número de coches producidos no mes, taxa de absentismo <4%).

Nota para sindicatos: non pidan soldos independentes do resultado da empresa. ESIXAN o reparto de beneficios en función dos indicadores obxectivos como os do parágrafo anterior, xerais e por posto de traballo.

Estes índices só se consiguen cunha grande dose de traballo e aplicando tecnoloxía á empresa, dotándose do ERP adecuado, de Cadros de Mando globais e parciais, e dun sistema de Business Intelligence apropiado. A xestión de calidade e o control son os único medios para o éxito e a supervivencia da empresa.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *