Evernote, o bloc de notas definitivo

Seguro que ó longo do día necesitas tomar notas tanto do traballo como persoais e necesitas escribilas ou acceder a elas no momento máis insospeitado.

Evernote é unha aplicación online que che permite tomar notas en calquera momento, tanto dende o teu mobil, dende a aplicación de escritorio como dende a páxina web e poder acceder as mesmas cando o necesites.

Imaxina calquera situación posible onde de súpeto necesitas apuntar unha cousa e colles un trozo de papel, unha servilleta ou o que teñas a man. É dicir, o método tradicional. O problema surxe cando necesitas a información e non atopas a nota por ningures. Con Evernote se acabou. Un dos  puntos fortes son os diferentes formatos nos que podes apuntar. Texto, captura de pantalla, fotos, un link a unha web e incluso voz.

Unha vez anotado, antes de gardalo, podes etiquetalo en gardalo en diferentes libretas: Ideas, Recordatorios, Traballo, Listas da Compra ou o que se che ocurra. Ademáis, poderás facer sinxelas búsquedas das notas.

E por último o soporte multiplataforma, anota e busca dende a web, o programa, o iPhone, o Android, un tablet, etc.

Web | Evernote

  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *