En moitas actividades empresariais, o bo funcionamento do almacén pode determinar a calidade percibida polo cliente, os custos incurridos para a obtención do produto ou a determinación dunha boa política de marketing que faga ó noso produto competitivo ou incluso se diferencie en relación á competencia.
Os principais problemas que xurden no almacén soen ser:
- O personal asignado é escaso.
- Realízase unha longa manipulación de materiais.
- O tempo empregado nas operacións non é o adecuado.
- Non se utilizan medios físicos de almacenaxe.
- Os custos incurridos nos puntos anteriores fan que os prezos se inflen.
Os principais obxectivos para paliar estes problemas son:
- Reducir os tempos de demora na atención ó cliente.
- Redistribución da zona de almacenaxe.
- Reducir as distancias percorridas pola manipulación de produtos no almacén.
- Disminuír os costos loxísticos.
- Usar medios físicos de almacenaxe para realizar as actividades do área.
- Mellorar o control de inventarios.