Inflation Island, o xogo do BCE para que entendas definitivamente a inflación

A inflación é o incremento sostido e xeralizado de prezos de bens e servizos. Tamén e un dos indicadores económicos máis coidados polos gobernos económicos xa que o seu descontrol provoca temidos efectos nas economías de distintos países.

Existen diferentes teorías económicas para explicar as causas da mesma, múltiples factores a ter en conta e varias políticas para loitar contra ela. É dicir, é un dos puntos estratéxicos de calquera política económica.

O BCE sacou hai uns meses un xogo gratuito onde podes ver os diferentes efectos que ten a inflación sobre os diferentes actores económicos, con explicacións sinxelas para que entendas definitivamente de que vai todo isto da inflación. O xogo lévate por diferentes áreas como un Barrio Residencial, unha Zona Comercial, un Distrito Financeiro, un Campus Universitario ou unha Zona de Construcción para que vexas os efectos da inflación nas diferentes áreas, con comentarios, preguntas e respostas sobre o seu funcionamento.

httpvh://www.youtube.com/watch?v=Ok0NH8GRKzs

Link | Inflation Island BCE

  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *