Cores brancas para loitar contra as illas de calor

Moitas veces as cidades convertense en auténticos fornos sobre todo agora no verán. Non é tanto o caso das cidades galegas onde a contaminación e o efecto do formigón non é tan significativo como noutras grandes urbes como pode ser Madrid. E que o caso da capital española é un dos máis claros para entender o concepto de Illa de Calor. Este consiste nunha acumulación de calor por mor da densidade urbana, o formigón e as edificacións e ten varios efectos ambientais. O máis importante é que provoca temperaturas nocturnas altas, xa que é pola noite cando se disipa todo esta calor acumulada. A máis medio – longo prazo pode provocar o alongamento do verán coas consecuencias que trae.

Entre as solucións que se propoñen para acabar coa Illa de Calor están o uso da cor branca. O efecto reflectante desta cor provoca que os edificios absorban menos calor. Pero un uso máis sorprendente aínda é o uso de asfalto branco para obter o mismo efecto polas rúas. A cuestión é tinguilo e non pintalo, para evitar resbalóns de peóns e ciclistas. Outro aspecto a ter en conta sería os problemas para o tráfico cos reflexos e cómo afectaría os condutores esta nova cor para a vista. Disque a baixada de temperatura nocturna podería ser de varios grados obtendo o efecto desexado.

¿E a vós, que vos parece?

Aquí tedes a iniciativa de Asfalto Branco

Todo sobre as Illas de Calor

 

  • Print
  • email
  • Facebook
  • Twitter
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Bitacoras.com
  • del.icio.us
  • Digg
  • Google Buzz
  • FriendFeed
  • LinkedIn
  • Tumblr
  • Ping.fm

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *