Intuit é unha iniciativa que pouco a pouco se vai afianzando para o pequeno comercio e que consiste nun «gadget» para conectar a calquera dispositivo móbil (vexase un iPhone, un Android, unha tablet ou unha blackberry) e poder pasar a tarxeta de crédito.
O aparatiño, que se conecta a calquera terminal funciona cunha App que tería as mesmas garantías de seguridade que as de banca electrónica polo que podemos estar tranquilos.
Outras vantaxes de Intuit son as tarifas, pequenas comisións, sen mínimos nin letra pequena. So teñen un plan para microempresas e outro para empresas máis grandes. As comisións van entre o 1,7% e o 3,7%.