¿E que é iso do Twitter?

Cada día máis xente se pregunta para que serve o Twitter, nome que cada vez se escoita máis nos medios e en conversaciones en todos os ámbitos. Pois Twitter é unha rede social onde a xente se comunica con mensaxes de 140 caracteres.

¿E tanto rollo para mandar e ver mensaxes de 140 caracteres?

Pois sí, Twitter parte da idea sinxela de mensaxes curtas. A potencia reside en que se pode facer con eses 140 caracteres. Imos a analizalo dende dous ámbitos: por un lado, que se pode poñer nos 140 caracteres e outra as posibilidades de comunicación que temos con eles.

¿Que podo poñer nos 140 caracteres?

Pois básicamente o que quieras. A idea orixinal é texto pero gracias a links e servizos agregados as posibilidades multiplícanse ata case infinito. Imos por partes: en twitter podes compartir imaxes, video, links a webs ou o que che apeteza. Existen populares servizos de imaxes exclusivos para Twitter como Twitpic ou Yfrog que permiten adxuntar unha imaxe o Tweet.  Co tempo, estes servizos comezaron a permitir compartir tamén videos. Outra ferramenta importante son os acortadores de URL como bit.ly que serven para conseguir que un enlace a un contido web ocupe o mínimo de caracteres posibles e así deixar sitio para escribir.

Vale, nos tweets podo compartir texto, imaxes, video, enlaces, pero… ¿a quen?

Aquí reside toda a potencia do Twitter: as posibilidades de comunicación. En Twitter podes seguir a quen che interese. A diferencia doutras redes sociais onde o seguemento ten que ser mutuo, en Twitter podes seguir (following/seguidos) a quen che pete sen necesidade de que te sigan a ti (existen perfiles privados, onde che teñen que confirmar como seguidor (follower/seguidor). Polo tanto podes seguir a xente que non coñeces de nada pero que che interesa o que din: empresas, famosos, xente anónima, etc. Tranquilo, tamén podes seguir os teus amigos sen problema 🙂

Agora que segues a quen che interesa chega o momento de poñerse a escribir pero… ¿de que?

En Twitter podes falar do que che dea a gana: dende as túas vivencias, os teus intereses, os teus pensamentos ata crear perfiles corporativos para a túa empresa. Agora é o momento de interactuar: existen dúas ferramentas básicas ademáis da escritura básica, as mencions (@dskconecta) e os retweets (RT @dskconecta). Imaxina que queres dicirnos algo a nós, aínda que sexa visible para todo o mundo; a estructura do tweet sería a seguinte: @dskconecta O que queiras dicir. É dicir, para dirixirte a alguén o único que debes facer e poñer @ diante do nome de alguén e situalo nalgún lugar do tweet (non ten que ser o principio). Os retweets consiste en difundir os teus seguidores o que dixo outro. Para iso basta con pulsar o botón de retweet que ven no tweet e aparecerá coa estructura RT @dskconecta O que dixo o outro.

Twitter nos móbiles

A verdade é que a páxina de Twitter da poucas posibilidades de persoalización e automatización pero existen programas de terceiros como Tweetdeck ou Seesmic que che dan moitas máis opcións que a páxina web. Pero a verdadeira potencia de Twitter reside nos dispositivos móviles. A maioría dos tweets son publicados dende os mesmos. Aquí nos atopamos tanto a aplicación de Twitter orixinal como outras como Tweetdeck, Seesmic, Echofon ou Twicca. E os dispositivos móbiles son a clave de toda esta revolución tuiteira: poder xerar, ler e compartir información en tempo real con calquera persoa do mundo, a coñezas ou non, en tempo real. Así, cando un medio de comunicación tradicional tarda tempo en ofrecernos en información sobre o acontecemento, en Twitter atoparás xente que está alí, que o conta en primeira persoa e comparte tamén fotos ou videos. Polo tanto estás accedendo a información en tempo real.

Os hastags e os trending topics

E aquí é cando chegamos os chamados hashtags (#) Consisten en formas de recoller toda a información dun acontecemento, opinións sobre algún tema e incluso chistes sobre algo cun mesmo termo recoñecible para logo facer búsquedas sobre o mesmo. Por outra banda, cando algo é moi escrito en Twitter, convértese en Trending Topic (TT) ou tema do momento. Os tes divididos xeográficamente. Tamén tes listas onde podes clasificar (e te poden clasificar) como queiras para acceder por exemplo soamente os deportistas que elixas ou o teu grupo de amigos próximos.

Primeiros pasos

A recomendación o comezo e que te crees o perfil e comeces a seguir a xente que te pareza interesante, comeza a ler (o timeline), retwittear, mencionar e falar co resto da comunidade. Pouco a pouco descubrirás novas funcionalidades (xeolocalización, enlazalo con outras redes sociais…) máis avanzadas e iraste afacendo e dándolle o uso que lle queiras dar. E lembra que detrás das contas hay persoas, polo tanto sé educado e valora as consecuencias das túas actitudes.

E por último, esperámoste no Twitter! @dskconecta

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *